domingo, 11 de marzo de 2012

Apostatar, ¿dereito ou penitencia?



Dende fai escasos anos vense a falar moito da palabra “apostatar” no estado español. Non parece interesarlle moito as élites da Igrexa Católica que se popularice unha palabra que está máis que demonizada grazas a certas élites mediáticas, relixiosas, culturais e económico-políticas. Tanto e esí que a Real Academia Galega (RAG) define a apostasía como: “o abandono público da propia relixión para seguir outra”. En ningún momento se contempla o ateísmo militante que renega de calquera censo relixioso e dogma de fé.
Niste sentido a Real Academia Española (RAE) fala da apostasía dunha maneira máis directa afirmando que é: “negar a fe de Jesucristo recibida no bautismo”.
O certo é que a apostasía parece ser un tema tabú. Hai razóns dabondo para argumentar unha saída da Igrexa Católica pero todo indida que é máis doado dar de baixa un contrato nunha compañía móvil que no censo da Conferencia Episcopal Española. O que a priori é un dereito inhalienábel de decidir a que organización se pertenze ou non, resulta ser unha penitencia cando se inicia o proceso xa que pretenden que os aspirantes a apóstatas se cansen no intento.
As élites relixiosas non son alleas os aires de cambio e iste laicismo crecente na sociedade española que se traduce nunha desrelixiosidade do día a día. Evidente é que se está a vivenciar un descenso nas celebracións dos tres sacramentos máis populares.
Os chamados BBC (Bodas, Bautizos e Comunións) cada vez son menos populares. Sobra ver que no 2009 preto da mitade de quenes foron pais e nais negáronse a facer bautizos. Diste xeito se expresa a asociación Europa Laica e a Asociación Madrileña de Ateos e Librepensadores (AMAL) dicindo que: “"Estamos convencidos de que, en moi pouco tempo, xa se bautizará a menos da metade dos nenos que nazcan".
O caso é que menos do 40% dos españoiss de 25 anos se declara católico practicante, no 2009 as unións civiles superaron o número de matrimonios católicos e as comunións disminuiron nun 59%. Pero todo isto parece importarlle ben pouco aos da sotana.
Atrincherados baixo o palio non paran de poñer paus na roda, todo sexa por paralizar os procesos de apostasía que se acumulan a moreas nos despachos dos obispos.
Niste contexto Benedicto XVI pon toda a carne no asador e trata de impedir que se abandoen os sacramentos. Para iso xa no 2008 nomeou a Antonio Cañizares prefecto da Congregación para o Culto Divino e a Disciplina dos Sacramentos do Vaticano. Algo esí como un centinela dos sacramentos para observar a súa vixencia.
Na Igrexa Católica néganse a asimiliar a apatía da cidadanía española ante tanta pantomima e por iso adiantaron a primeira comunión aos 7 anos (normalmente a idade coa que se ven facendo as comunións e con 10 anos). Canto antes millor non vaia ser que os rapaces e rapazas lles de por pensar e se negan a tomala comunión e se vaia ao traste o obxectivo de incrementar o censo a calquera prezo.
Pero bueno, cada día e máis pública a realidade social da apostasía e tense cada vez máis acceso a información obxectiva que profundiza en temas de laicismo, ateísmo e laicidade. Hai boas prácticas niste eido e espazos nos que parece que as cousas van mudando pouco a pouco. Concellos como o de Rivas Vaciamadrid (Madrid) ofrece ritos alternativos ao bautismo. Chámaselle “acollemento civil”. Niste rito alternativo lense os dereitos do neno/a e faise unha festa de benvida. Todo sexa por dar unha alternativa a esas augas sagradas que estigmatizan aos cativos xa que limpan o pecado orixinal.
¿Pecadores de que? ¿Ten sentido afirmar que un recién nacido ven o mundo cun pecado orixinal porque Adán e Eva comeron unha mazá? Parece ser que non ten nin xeito nin maneira.
A pérdida de relixiosidade da sociedade española é evidente. Niste sentido a indignación social tamén se traslada ao ámbito relixioso e a vista está como se quedan baleiras as igrexas día a día. Estamos ante un fenómeno social que será negado sempre e en todo momento.
O ano mudou pero os de sempre están anclados nas Cruzadas da Alta Idade Media. Todo parece indicar que os direitos dos curas aséntase cando teñen unha lista moi grande de amigos e amigas que lle bailan a auga. En fin, cando un queira apostatar dirán que se vai o inferno porque o apóstata arderá nas chamas eternas, será pecador herexe e bla bla bla...

lunes, 28 de noviembre de 2011

¿Onde vai a educación afectivo-sexual?, Ángel Amaro


Un ano máis chega o 25 de novembro e con il a lembranza de que temos un problema, unha realidade social latente na nosa sociedade: o patriarcado. Haberá quen aínda non tome en serio iste concepto pero o certo é que mentres unhos negan a realidade, outras sufren nas propias carnes a violencia machista.
O patriarcado como sistema de dominación e opresión que limita, condiciona e socializa as mulleres nos roles sexistas e estereotipos de xénero foi mutando ao longo da historia adaptándose aos diversos contextos. Na actualidade as vellas democracias occidentais aínda non son conscientes realmente de que para loitar contra o patriarcado hai que transversalizar o enfoque de xénero e aplicalo na cotidianidade económica, política, social e cultural do día a día. O sexismo é histórico pero a capacidade de evitar a realidade patriarcal é universal. Pero negar o patriarcado non poñerá fin a violencia de xénero.
Cada 25N sempre nos lembramos das víctimas da violencia machista e da violencia de xénero. Un traballo de sensibilización que costou moitos centos de anos xa que "as cousas" que pasaban dentro da casa non eran consideradas "asuntos públicos" e transcendentais máis aló das "dinámicas familiares". Niste sentido o feminismo leva moitos anos traballando para que a sociedade se poña as gafas da igualdade e a xustiza social. Coa finalidade de deixar claro que non é un problema que afecta ás mulleres soamente, é unha realidade na que todas e todos temos algo que decir é facer. Diste xeito os homes temos un rol imprescindíbel na loita contra o patriarcado, un papel proactivo na deslexitimización do sexismo e a difusión de actitudes igualitarias. ¿De qué sirve loitar contra a violencia de xénero se non se fomenta a igualdade e a cultura da non violencia?
Nesta parte do proceso é onde entra en xogo o papel da escola como un dos principais espazos de socialización nos que se desenrolan actitudes, estereotipos, roles e dinámicas de xénero nas que as rapazas e rapaces asumen patróns sexistas.
A educación formal ten un rol social importante pero invisibilizado por diversos grupos de presión que non queren da escola un axente de cambio social. Nun contexto de crise xeral os hai que só falan da crise económica e non falan da crise dos valores e a consolidación de posicionamentos sexistas que idealizan outra vez as mulles nas cociñas e aos pés dos homes. Un repunte dos micromachismos.
A educación afectivo-sexual como motor pedagóxico da igualdade fomenta o empoderamento, a corresponsabilidade e a xustiza social. Coñecementos de saúde sexual, diversidade afectivo-sexual, xénero, non violencia, linguaxe non sexista, etc. Un sinfín de áreas de coñecemento que a escola formal ten a obriga de facilitar as rapazas e rapaces que, aínda que sexan menores de idade, xa son cidadáns e cidadanas. Niste sentido e curioso o que dixo fai escasos días Esperanza Aguirre cando afirmaba que "o estado debe limitarse a instruir aos alumnos porque xa os educa a familia". Isto é unha forma de quitarlle a escola formal o rol social de educar en valores de igualdade, respeto, tolerancia, non violencia, asertividade e corresponsabilidade social.
Na loita contra a violencia de xénero non se pode perder o fondo da cuestión patriarcal que son as actitudes e estereotipos sexistas. Un campo de desigualdades nas que hai que actuar con educación afectivo-sexual e compromiso institucional por parte das escolas formais. Sobran razóns, pero se aínda alguén ten dudas invítoo a que lle bote un vistazo ao informe de investigación que recentemente presentou a Federación de Mulleres Progresistas: "¿Igualmente? Alumnado e xénero, actitudes e comportamentos".
Podemos botarnos a temblar vendo un dato das conclusións: "O 80% das personas entrevistadas creen que a rapaza debe complacer ao seu mozo e o 60% están de acordo en que os celos son normais nunha relación".
Publicado en GALICIA HOXE

domingo, 27 de noviembre de 2011

55 mulleres mortas por violencia machista no que vai de ano // VIOLENCIA MACHISTA NUNCA MÁIS


Un total de 55 mulleres faleceron vítimas da violencia de xénero no que vai de ano. O último caso produciuse este domingo en Terrasa (Barcelona), onde Francisco V.B, de 41 anos e nacionalidade portuguesa, asasinou á súa noiva, de 29 anos e nacionalidade española. O ano pasado por estas datas eran 57 os asasinatos.
Trátase do primeiro falecemento dunha muller supostamente a mans da súa parella ou expareja rexistrado no mes de novembro, despois dun mes de outubro no que se contabilizaron catro crimes en seis días.
Así, o 5 de outubro produciuse un asasinato en Lanzarote dunha muller de nacionalidade italiana a mans da súa parella de orixe senegalesa, que se entregou á policía; aos dous días un home asasinou á súa muller en Calpe (Alacante), ambos de nacionalidade belga; o día 11 de outubro un home autoinculpouse pola morte da súa esposa en Vigo; e na madrugada do día 13 E.A.P.T., de 30 anos e nacionalidade portuguesa, asasinou á súa noiva, de 29 anos e nacionalidade española na casa que compartían na localidade asturiana de Avilés.
As autoridades sinalaron que nos casos de Lanzarote e Calpe non había denuncia previa por malos tratos, unha circunstancia que se repite na maioría dos crimes, pois, segundo os datos da Secretaría de Estado de Igualdade, menos dun terzo das asasinadas no que vai de ano denunciaran os os malos tratos que sufrían.
A maioría destas mulleres (66,7%) eran de nacionalidade española, mentres que o 33,3 por cento eran estranxeiras. Ademais, a metade eran moi novas: 30 das falecidas non cumpriran os 41 anos e delas, 16 non chegaban aos 30.
A comunidade autónoma onde se rexistran máis asasinatos machistas no que vai de ano é Andalucía, con 13 mortes, seguida de Cataluña (9 mortes), a Comunidade Valenciana (8) e a Comunidade de Madrid (7).

Fonte: GALICIA HOXE





miércoles, 26 de octubre de 2011

¡Lume nunca máis, montes máis que nunca!


.
Un ano máis Galicia volve a ser o millor exemplo (por desgracia) de como o ecoterrorismo campa as súas anchas ante a descoordinación e os recortes da administración autonómica. E é que iste ano os orzamentos destinados a loitar contra o lume pasaron de de 3 millóns de euros a 675.000 euros, un recorte de máis dun 45%.

Lonxe de incrementar o orzamento destinado a loitar contra o lume decide reducir en casi 2 millóns de euros as partidas destinadas a contratar brigadistas e manter un plan antiincendio consistente ata o outono do 2011. A Xunta pasouse polo arco do triunfo os informes de METEOGALICIA que auguraban un outono seco e sen choivas, pouco lle importou iso ó “experto en bonsáis”.

Non debería de sorprendernos iste recorte do “Feijoo Manos Tijeras”. Un home que está deixando o árbol da administración como un bonsái, fermoso pero raquítico. Todo parece indicar que il pensaba que os recortes na política antiincendio non facilitaría a existencia de situacións caóticas nos montes a finais de outubro.
Mentres as temperaturas se incrementaban e as choivas escaseaban o “Feijoo Manos Tijeras” agarrou a tesoira e podou o plan antiincendio. No mes de setembro centos de brigadistas apuntáronse a lista do paro mentres a Xunta facíase a cega ante o risco de incendios. Pois ben, os pirómanos puxéronse as pilas e a improvisación da Xunta saliu a luz en cuestión de horas.
Mentres a Xunta se vanagloriaba da austeridade orzamentaria o Macizo Central Ourensán ardía polos catro puntos cardinais ata calcinarse preto de 25.000 hectáreas, según fontes non oficiais (se a Xunta asume 10.000 hectáreas pódese un dar cun canto nos dentes).
Vilas como Maceda, Manzaneda, Lobios, A Peroxa, Lobios, Paderne de Allariz e varias ducias máis víronse abandoadas ante o lume (esí o fixeron público varios alcaldes dos concellos afectados). Tal foi a situación de caos que ata que o exército tivo que faguer un despregamento de centos de soldados da UME (Unidade Militar de Emerxencia).
O certo é que as lapas avanzaron durante escasos días arrasando ata 25.000 hectáreas ante a improvisación dunha política antiincendio que brillou pola súa ausencia. En apenas unha semana a “austeridade orzamentaria” (recortes en toda regla) condicionou que se xerasen situacións que supuxeron un serio risco para a saúde das persoas (calidade do aire) e mesmo da vida (as lapas achegáronse ata moitas vilas).
Pero claro, mentas se estaban a vivenciar situacións límite o delegado provincial da Xunta en Ourense foise o martes 18 a ver o fútbol a Madrid e o presidente da Xunta estaba en Uruguai de campaña electoral, supoño que coordinándose vía webcam cun gabinete de crisis ultra especializado en cuestións ecoterroristas, en fin. Logo din que iles son os “xestores obxetivos da cuestión pública” que non politizan o tema, a nos póñennos o cliché de radicais politizados e xa está, '¡manda carallo!
O caso é que a cidadanía galega xa está farta de que ano tras ano sempre veñan a xerarse situacións parecidas nas que o ecoterrorismo campa as súas anchas mentres se poñen parches que non alteran esta realidade endémica na sociedade galega. Unhos pásanse a pelota aos outros e a casa sen barrer, xa está ben. A indignación con esta situación fíxose manifesta na consolidación dun foro en internet anomeado BASTA YA DE INCENDIOS EN GALICIA que conta con máis de 3.000 persoas en contra do ecoterrorismo e a prol da reforestación ecosostible. As redes sociais son aliadas nesta cuestión ecoloxista que quere solucións, explicacións e ante todo... ningún eucaliptus máis.
A xente está farta de que os montes sempre sexan os eternos esquecidos nesta economía de mercado ultraliberal baseada na explotación crecente da nosa flora e fauna, en resumo, do noso hábitat.
Niste sentido é necesario que se abra o debate sobre o ecoterrorismo no seo da sociedade galega, tanto no medio rural como nas cidades, dentro de Galicia e na diáspora. Articular espazos onde se comparta a indignación ecoloxista e se faga ver aos políticos que os montes son e serán temas prioritarios, que o medio ambiente ten que entrar de maneira relevante nos programas electotais e nas accións de goberno.
Sabemos dabondo que hai pirómanos, que hai que modificar o código penal, que o cambio climático fai máis secos os veráns galegos... pero temos que ir máis aló, faguer sensibilización colectiva, xerar debates, empoderar as economías agrarias, darlle ferramentas aos veciños e veciñas que residen no medio rural para que se garantice unha boa xestión do monte en todo momento, garantizar a limpeza dos montes, garantizar reforestacións ecosostibles. En resumo... hai que ir máis aló sen dúbida e ver realmente o contexto multicausal que explica a complexa realidade dos incendios nos montes galegos.
Xa no verán do 2006 o CSIC confirmounos que 1.970 incendios calcinaron preto de 92.058 hectáreas dos nosos montes, a indignación non ven de agora. Daquelas a sociedade galega saiu as rúas baixo o lema LUME NUNCA MÁIS visibilizando o seu malestar e condena pública do ecoterrorismo. Cinco anos máis tarde pódese decir que LUME NUNCA MÁIS segue vivo xa que iste sábado pasado resucitou a indignación ecoloxista e manifestouse polas rúas de Ourense e Trives. Aínda hai motivos para seguir indignados con esta lacra social que ano tras ano lonxe de ter solucións contundentes tradúcese nun incremento exponencial na poboación de eucaliptus nos nosos montes e nunha repercusión mediática parcial e bastante dirixida polos medios “oficialistas”.
Por todo isto e moito máis eu tamén berro alto e claro: ¡LUME NUNCA MÁIS, MONTES MÁIS QUE NUNCA! ¿Berras conmigo a prol dos montes?
Publicado en GALICIA HOXE

martes, 18 de octubre de 2011

Asina o manifesto MARXINACIÓN DO GALEGO NOS MEDIOS


O incremento da presenza da nosa lingua nos medios de comunicación acadado
pola acción da sociedade galega nas derradeiras décadas do século XX –que situaría o
seu punto culminante nunha media do 7,5% de espazo na prensa escrita cara ao ano
1975- foi progresivamente recuando, nos últimos anos, ata se situar apenas nun 3%
nese mesmo sector en 19931.
Paradoxalmente, isto aconteceu estando en vigor a Lei de Normalización
Lingüística que segundo o seu preámbulo “garante a igualdade do galego e do
castelán como linguas oficiais de Galicia e asegura a normalización do galego como
lingua propia do noso pobo.
Paradoxalmente, isto aconteceu cando o goberno da Xunta de Galiza veu
inxectando aos medios de comunicación substanciosas cantidades de diñeiro público
en teoría destinadas a manter e incrementar neles a presenza da lingua galega.
Paradoxalmente, isto aconteceu cando as novas licencias concedidas aos
medios audiovisuais implicaban unhas cotas de obrigada presenza do galego na
programación, cotas case sempre incumpridas polas empresas baixo a tolerancia do
goberno galego.
E mais non se poden argumentar dificultades lingüísticas á hora de comprender
oralmente ou por escrito o noso idioma: o 86’4% dos habitantes de Galiza saben
falar galego e o 97’1% o entende2. A mellora do nivel de expresión da poboación galega
é sensible dende que nas últimas décadas a nosa lingua se incorporou ao sistema
educativo. En particular, as novas promocións de xornalistas galegos que se forman no
país reciben agora a capacitación lingüística necesaria para desenvolveren plenamente
a súa profesión.
Tampouco se pode soster que a actitude da sociedade galega sexa contraria á
normalización do noso idioma nos medios de comunicación. As enquisas amosan que
o 70% da nosa poboación pensa que o que se publica na prensa é “pouco” ou “moi
pouco” e ese mesmo 70% lería un xornal en galego3.
Este desequilibrio chama a atención dos expertos internacionais que estudan
a presenza do galego nos nosos medios de comunicación. Así a profesora francesa
Caroline Domingues afirma:
Guiados por imperativos económicos, os medios de comunicación privados
galegos confinan a lingua da comunidade en seccións específicas polo xeral
ligadas á cultura. Fronte á política de normalización lingüística, eles seguiron a ser
extremadamente conservadores. O único código para informar é o castelán. Radios
privadas e prensa escrita en Galiza desempeñan en certa maneira un papel de “contra-
normalización da lingua da comunidade. Esta utilización minoritaria e testemuñal
dun galego que ten o seu propio espazo, o seu gueto, no interior do xornal ou da grella
de programación, é en primeiro lugar o resultado dun axuste das estratexias destes
medios de comunicación fronte a un contorno histórico, social e político.”
4
Nos últimos tempos, varios medios de comunicación escritos de Galiza deron
un novo paso nesa estratexia de marxinación e invisibilización do noso idioma:
as declaracións individuais ou colectivas de persoas e entidades que teñen unha
permanente práctica lingüística en galego son traducidas e presentadas –mesmo entre
aspas para aparentar a literalidade- en castelán como se foran feitas nese idioma.
Chégase a traducir os eslógans e lemas das mobilizacións e os textos das pancartas.
Distorsiónase así gravemente a imaxe pública de persoas e colectivos que teñen entre
os seus sinais de identidade a constancia no emprego e a defensa da lingua galega.
Por todo o devandito, como galegas e galegos, asinamos a nivel individual ou colectivo o presente escrito e esiximos dos medios privados de comunicación de masas en Galiza:
1) A presenza do galego nun 50% da totalidade do espazo escrito e tempo da grella de programación.
2) A reprodución literal das nosas declaracións e intervencións na lingua en que as expresamos.
3) A transcrición literal dos eslógans e textos das pancartas na súa lingua orixinal.
Esta reclamación do mínimo respecto seralles trasladada aos empresarios ou directores dos medios, e se estes continuaren na súa actitude discriminatoria estudaremos facer valer os nosos dereitos ante os tribunais de Xustiza e as instancias internacionais pertinentes.
Galiza. Setembro de 2011

domingo, 9 de octubre de 2011

Nova Caixa Avaricia, Ángel Amaro


Unha vez máis abrúmannos cunha morea de información que non hai por onde pillala. Un pode botarse lendo un día enteiro sobre as andainas de Nova Caixa Galicia (NCG) e non sacar nada en claro, ¡obxectivo cumplido! A opacidade reina nas altas instancias da banca.
Poucos anos atrás comezou o circo das fusións das caixas, proceso de ida e volta no que a poítica estatal e autonómica, o Banco de España e as Axencias de Calificación non paran de marear a cidadanía sobre cal é o futuro dos aforros de todas e todos.
E é que todo parece indicar que a pataca quente toupoulle na cara a alguén pero ainda non se sabe moi ben cantos pratos sucios vai ter que limpar a sociedade galega. Vendéronnos fume cheo de ilusión pola creación dunha Nova Caixa Galicia e parece ser que estamos ante a Nova Caixa Avaricia do século XXI.
Agora salta o escándalo a prensa sobre os preto de 23,6 millóns de euros para facer fronte á saída de tres altos executivos da antiga caixa, o que veñen sendo indemnizacións e prexubilacións de toda a vida pero pagadas a prezo de ouro. Según os grandes partidos, PP e PSOE, moi ilegal non debe ser poqrue non lle fai moita ilusión que o BNG propoña no Parlamento Galego a creación dunha Comisión de Investigación sobre esta desfeita da Nova Caixa Avaricia.
O PP e o PSOE lávanse as mans tratando de sacarse o morto de encima, non teñen constancia diste vaivenes. Será por iso que Elena Salgado sáe airosa afirmando que "fixemos ben en que a partir de agora as remuneracións teñan que ser tamén supervisadas polo Banco de España". Sí señor, unha xenial idea, lástima que non se puxese en práctica antes do entroido montado en Nova Caixa Avaricia. Unha vez feita a desfeita parece sinxelo faguer brindis ao sol, sobre todo nos meses preelectorais.
Todo parece indicar que ninguén quere que a pataca quente lle toupe no seu tellado, ou polo menos que niste bombazo o pilla cerca. Por iso Mar Barcón, conselleira de NCG, dimite afirmando que "anque o Gobernador do Banco de España non esté ao corrente diste tipo de cousas, os contratos e indemnizacións estaban depositados elí e conocíanse". Vemos que o clima de confianza reinou en todo o proceso de fusión, claro que sí.
Pero claro, se hai alguén que se fixe nota niste proceso foi o señor Feijóo. Fai anos que viña animado a Rajoy a que apoiase a fusión das caixas galegas, íl saberá por qué tiña tanta ilusión posta, ¿será que a cidadanía galega négase a ilusionarse? Pero claro, vaille lembrar agora as súas palabras de apoio a fusión, nin che fai caso. Agora afirma que "descoñecía as retribucións e as indemnizacións". Como para asumir que era consciente de todo o que acontecía en Nova Caixa Galicia, chámalle parvo...
O mesmo lle pasa a Rajoy, non pode esquecerse do que dixo o 31 de xaneiro cando se amosaba a favor sobre a fusión de Caixanova y Caixa Galicia nun acto en Badaxoz. Decía por aquil entón:"Eu apoio a fusión en Galicia […] non se teñen que poñer pegas si sae unha entidade financieira solvente" (resultados da auditoría encargada pola Xunta)". Solvente si era, ninguén o pon en dúbida, ¡pedazo prexubilacións! Eu tamén quero prexubilarme en Nova Caixa Avaricia.
Ben mal está o asunto cando as galegas e galegos de a pé, os que temos os aforros de décadas postos nas súas mans, enterámonos de ben pouco do que está a pasar no Olimpo dos Chafalleiros. A Nova Avaricia dunhos asentada nos aforros de todas e todos.

martes, 27 de septiembre de 2011

A caixa tonta contraataca, Ángel Amaro


Non fai nin dúas semanas fíxose público o estudo “Kids TV Report”, grazas a Mediametrie y Eurodata TV Worlwide, no que se corrobora que as nenas e nenos españois son os máis expostos a nivel europeo a TV. Da Unión Europea son os que máis ven debuxos animados e series de TV. Desgraciadamente sempre somos os primeiros niste tipo de rankings e investigacións.
Contamos cos rapaces máis televisivos e por tanto máis sedentarios. Dato preocupante para o benestar físico e mental da cidadanía do século XXI. ¿As grandes corporacións mediáticas están sensibilizadas con esta realidade? ¿Hai un proxecto invisíbel de “idiotizar” as futuras xeracións mediante a caixa tonta ao estilo da alienación da que falaba Marx?
Ollando o estudo pódese afirmar que os rapaces españois consomen a TV unha media de duas horas e 39 minutos ao día. En relación ao resto do estados europeos temos a media máis alta. Agora xa entendo a que se referían cando decían que o TDT ía revolucionar as nosas vidas. Todo parece indicar que revolucionou o sofá e o hábito de vida dos nosos cativos e mozos.
Por estas terras están enganchados ao Pokemon e o Bob Esponja principalmente. Debuxos animados que non se concentran a unhas determinadas horas da semana ou do día xa que hai canles monográficos nos que saen debuxos e series infantís e xuvenís as 24h do día. Un Buffet Libre de caixa tonta no que os pais e nais ben pouco poden facer no seu día a día, ¡bendita conciliación da vida laboral e familiar!
As administracións aseveran que son as nais e pais os responsables de que os Nenos non estén demasiado tempo expostos a TV pero hai demasiadas variables a ter en conta que os gobernos de turno eluden. Todas e todos temos algo de culpa niste proceso que “aborrega” aos máis novos.
A conciliación familiar-laboral, a calidade dos parques e entornos de recreo e a oferta de ocio extraescolar nas vacacións son algúns dos eidos nos que a política pode intervir e ben pouco fai, se tal algunha tímida proposta que non altera un esceario cada vez máis complexo para as familias. ¿Que segundas intencións teñen esas variadas e actualizadas caixas tontas?
Publicado en GALICIA HOXE